Miranda valora a intensa actividade a prol da colectividade galega da Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Orlando Pejito, presidente da Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires, Arxentina. Durante esta reunión, o responsable deste departamento autonómico valorou moi positivamente a intensa actividade desta entidade a prol da colectividade galega na capital porteña.
Miranda agradeceu ao presidente desta entidade o labor desenvolvido ao longo deste tempo, en especial para manter e tamén potenciar as raíces galegas entre as novas xeracións, recordando que se trata dun dos centros galegos na Arxentina mais activos no ámbito cultural.
Novas relacionadas