Miranda e o presidente do Centro Gallego de Rosario, Arxentina, analizan as políticas de promoción da galeguidade entre a colectividade máis nova

O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Gallego de Rosario, na sede da SXE na capital de Galicia
O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Gallego de Rosario, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente do Centro Gallego Asociación Mutual Social y Recreativa de Rosario, en Arxentina, Leandro Nicolás Barba Palacios, nunha reunión na que se analizaron as necesidades dos galegos e galegas desta localidade arxentina, así como as iniciativas que están poñendo en marcha para os próximos meses de cara a continuar apoiando á colectividade galega. 

Rodríguez Miranda destacou o labor desta entidade que busca potenciar a galeguidade entre as novas xeracións, dándolle así un importante impulso ao centro co apoio das e dos descendentes da colectividade e promocionando a cultura e a lingua galegas entre os mesmos, de xeito que se poida garantir a súa permanencia en Rosario.

345 lecturas