Miranda traslada na TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado

O secretario xeral da Emigración recordou que o Goberno galego sempre ten apoiado, “porque o considera de xustiza”, a súa substitución por outro procedemento que favoreza o voto en urna e facilite a participación sen minguar as garantías das e dos inscritos no CERA.

O secretario xeral da Emigración, no 'Bos Días' da Televisión de Galicia
O secretario xeral da Emigración, no "Bos Días" da Televisión de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Bos Días da TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado, trala súa aprobación onte no Senado. 

Miranda recordou que o Goberno galego sempre ten apoiado, “porque o considera de xustiza”, a súa substitución por outro procedemento que favoreza o voto en urna e facilite a participación sen minguar as garantías para as e os inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes, CERA. 

“Coa eliminación do voto rogado, apóstase por un sistema áxil, seguro e transparente para facilitar o acceso ao voto a todos os galegos residentes no exterior”, engadiu ante a Televisión de Galicia o secretario xeral da Emigración, matizando que o “voto por correo manteríase como unha opción válida para aquelas persoas que non poidan achegarse aos lugares establecidos”.  

  • Entrevista ao secretario xeral da Emigración na TVG | Acceder
270 lecturas