Miranda traslada as medidas da Estratexia Galicia Retorna ao CRE de Frankfurt solicitándolle a súa colaboración para a divulgación entre os galegos e galegas de Alemaña

Imaxe da reunión celebrada na cidade xermana
Imaxe da reunión celebrada na cidade xermana
Listen to this page using ReadSpeaker
Frankfurt (Alemaña), 5 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión durante a súa estadía en Alemaña coa presidenta do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior e  máxima responsable do CRE de Frankfurt, Violeta Alonso Peláez, que estivo acompañada por Pedro Menéndez e Mercédes Pérez, tamén membros electos deste CRE. Durante esta reunión trasladóuselle as novas medidas da Estratexia Galicia Retorna, solicitándolle a súa colaboración para a divulgación das mesmas entre os galegos e galegas deste país.

Ademais, o secretario xeral da Emigración tamén recolleu durante este encontro todas as peticións de información que se lle realizaron sobre os distintos programas da Xunta que benefician ás entidades e ás e aos residentes galegos no exterior, e así mesmo ofreceu a súa colaboración ao CRE naquelas cuestións que foran necesarias para axudar ás cidadás e cidadáns galegos en Frankfurt. 

371 lecturas