Miranda traslada aos galegos e galegas da Estrada e a súa comarca en Caracas a importancia da colaboración na difusión dos programas sociais da Xunta de Galicia

O secretario xeral da Emigración lembra que a colaboración é imprescindible para trasladar os casos de máis necesidade á Hermandad Gallega para que os canalice cara á Administración. 

O responsable galego mantivo unha xuntanza cos responsables do Centro Benéfico Social Hijos de A Estrada de Caracas.

O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza con Carmen Cruz e Jesús Pazos, responsables do Centro Benéfico Social Hijos de la Estrada de Caracas
O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza con Carmen Cruz e Jesús Pazos, responsables do Centro Benéfico Social Hijos de la Estrada de Caracas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou ás galegas e galegos vencellados ao concello pontevedrés da Estrada e a súa comarca en Venezuela a importancia que ten a colaboración nos labores de difusión e promoción dos diferentes programas de carácter social que ten en marcha a Xunta de Galicia a través da Secretaría. O responsable autonómico lembrou que son moitas as axudas que dependen da divulgación que reciban nos países de destino, entre os que nestes intres salienta Venezuela pola complicada situación política e social que atravesa, e que tamén afecta ás e aos galegos que residen alí.

Esta foi a principal mensaxe que o cargo autonómico quixo facer chegar aos galegos e galegas estradenses da capital venezolana a través dos responsables dunha das principais agrupacións que os aglutina, o Centro Benéfico Social Hijos de A Estrada de Caracas, integrado na Hermandad Gallega de Venezuela. O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza cos seus responsables, Carmen Cruz e Jesús Pazos, quen lle informaron en persoa da actualidade do colectivo e da problemática que comparten co resto de cidadás e cidadáns galegos residentes en Venezuela.

Unha sociedade fundada por emigrantes galegos 
A xestión das axudas que concede o Goberno galego a través da Secretaría Xeral da Emigración é canalizada, no caso de Venezuela, en gran medida, a través da Hermandad Gallega de Caracas, a única con sede na área da capital venezolana e que aglutina 25.000 dos 43.975 galegos e galegas que viven no país. Nas súas instalacións atópase a oficina de atención social, que ofrece servizo a todas e todos os galegos residentes na rexión e que axuda a tramitar os diferentes programas sociais deseñados pola Xunta de Galicia.

1217 lecturas