Miranda sinalou ás e aos beneficiarios das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ que “o futuro de Galicia, como o seu pasado, pasa polas dúas beiras do Atlántico”
O secretario xeral da Emigración díxolles ademais que “Galicia comprométese con vós con esta iniciativa, porque tamén sabemos do voso compromiso para achegar coñecemento e experiencias no avance da nosa terra”.
“Galicia comprométese con vós con esta iniciativa, porque tamén sabemos do voso compromiso para achegar coñecemento e experiencias no avance da nosa terra”, afirmou Miranda
“Galicia comprométese con vós con esta iniciativa, porque tamén sabemos do voso compromiso para achegar coñecemento e experiencias no avance da nosa terra”, afirmou Miranda
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta para Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro cos mozos e mozas galegos residentes na Arxentina beneficiarios das primeiras Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, iniciativa da Xunta, novidade deste ano, que busca atraer á Galicia a galegos residentes fóra con currículos brillantes.
As Bolsas financian a estadía e estudos de licenciadas e licenciados galegos residentes no Exterior para cursar unha escolma dos másteres ofertados por algunha das tres universidades galegas, e ten ademais o obxectivo de fixar poboación nova na Galicia territorial, xerando emprego en sectores en expansión.
Durante o encontro cos mozos e mozas, que tivo lugar no Club Español de Bos Aires, Miranda sinalou a esta primeira xeración de beneficiarias e beneficiarios das Bolsas que “Galicia comprométese con vós con esta iniciativa, porque tamén sabemos do voso compromiso para achegar coñecemento e experiencias no avance da nosa terra. O futuro de Galicia, como o seu pasado, pasa polas dúas beiras do Atlántico”.
O secretario xeral lembroulles tamén que a duración da bolsa vai ligada á do máster, e que haberá permanente coordinación coas universidades e coa Consellería de Educación para avaliar os aspectos que se consideren poden mellorar o funcionamento da iniciativa. “Invítovos a achegar cantas suxestións consideredes a tal efecto oportunas”, engadiu.
Mañá, en Uruguai
Na xornada de mañá, Miranda trasladarase ata Montevideo, onde manterá un encontro co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada española en Uruguai, Benito Díez, e asinará cadanseu acordo de colaboración en materia social e asistencial con dúas entidades da diáspora. Tamén manterá un novo encontro con mozos e mozas galegos, neste caso as e os residentes ata agora en Uruguai, beneficiarios das primeiras ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’.
Novas relacionadas



