Preguntas frecuentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2017.

100 bolsas para cursar másteres nas universidades públicas galegas a estudantes galegos/as residentes no exterior.

Terás que presentar a túa solicitude por vía electrónica a través do formulario accesible na sede.xunta.gal ata o día o 31 de maio de 2017 ás 24:00 h (horario de España).

Non, simplemente terás que cumprimentar a declaración que se inclúe no formulario de solicitude da Bolsa sinalando o/os Máster/es no/s que vas realizar a túa preinscripción.

  • As bolsas están dirixidas a titulados/as universitarios/as galegos/as nunha licenciatura/grao ou diplomatura oficial e que residan no exterior.
  • Podes optar a unha das bolsas se tes a nacionalidade española.
  • Tamén debes estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras:
  1. Podes ter nacido en Galicia ou ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos tendo a nacionalidade española antes de emigrar.
  2. Podes ser descendente por consanguinidade dunha das persoas do suposto anterior, sempre que naceras no estranxeiro e esteas vinculado/a a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).

No momento de solicitar a bolsa debes cumprir os seguintes requisitos:

  • Residir no estranxeiro.
  • Estar en posesión da nacionalidade española.
  • Ser emigrante nacido/a en Galicia ou que residira en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, así como os/as descendentes por consanguinidade dunha destas persoas e que naceran no estranxeiro.
  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
  • Estar en posesión dalgún título universitario de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente.
  • Ter obtido a titulación universitaria nos últimos 10 anos.

Posteriormente, e sempre antes da concesión destas bolsas, deberás cumprir o seguinte requisito:

  • Estar matriculado/a no curso 2017/18 nun máster universitario oficial dos relacionados no Anexo I do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos modalidade presencial.

Non é necesario. Desde o día en que envías a solicitude da bolsa, xa podes viaxar a España.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado, accesible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e tamén accedendo nesta web no apartado das Bolsas Inscríbete aquí.
  • Os/as solicitantes deberán cumprimentar todos os formularios que figuren na aplicación informática e enviar dixitalizados os documentos requiridos. Unha vez completada, o/a solicitante deberá confirmala. A confirmación da solicitude comporta a súa presentación e rexistro a todos os efectos. Unha vez confirmada a solicitude, non poderá ser modificados ningún dos datos cumprimentados nos formularios.
  • Dentro destes formularios, deberán cumprimentar a memoria de motivación para realizar un curso de máster en Galicia, importancia para á súa propia especialización académica e interese de desenvolver a súa carreira profesional nesta Comunidade Autónoma.
  • Pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI.
  • Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular do/a solicitante correspondente á demarcación na que teña o seu domicilio ou calquera outra documentación que acredite a veracidade da súa residencia no exterior no momento da presentación da solicitude, por exemplo: informe policial, acta notarial, certificado do concello de residencia, vida laboral...
  • Documentos xustificativos do nacemento en Galicia ou da residencia nesta comunidade autónoma de xeito continuado durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar e,  no seu caso, de ser descendente dunha destas persoas.
  • Para os/as solicitantes nacidos/as no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste extremo.
  • Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Título universitario ou certificado que acredite que o título está en trámite.
  • Expediente académico dos estudos universitarios realizados. Aparecerán relacionadas as materias cursadas e as cualificacións obtidas nelas, con mención expresa da nota media alcanzada na titulación así como a escala utilizada para o cálculo da mesma.
  • Documento acreditativo de estar preinscrito nun máster ou no seu defecto unha declaración responsable na que sinale o máster ou másteres nos que vai a solicitar a súa admisión incluída no formulario.
  • O importe da bolsa é o que se reflicte no seguinte cadro:
     
    Dotación total da Bolsa

    Nº Créditos ECTS

    Nº cursos

    Europa

    Resto países

    60 - 72

    1

    7.000 €

    7.650 €

    90 1,5

    10.500 €

    11.475 €

 

  • O pagamento da bolsa realizarase en dous ou tres pagos, unha vez que se atope en Galicia, se teña incorporado ao máster na universidade correspondente e presente determinada documentación xustificativa. A información detallada atópase nas bases da convocatoria.

Co importe da bolsa debes afrontar todos os gastos necesarios para a realización do máster:

  • Gastos de preinscrición, administrativos e da matrícula na universidade pública galega
  • Viaxe desde o país de procedencia a Galicia
  • Aloxamento e a manutención en Galicia e a subscrición dun seguro médico, no seu caso

As Bolsas de Excelencia concédense para a realización dos seguintes másteres nas áreas de: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería & Arquitectura. Podes consultar a lista completa picando en listado másteres.

Se es elixido/a como participante será obrigatorio que contrates un seguro de saúde, que poderás pagar co diñeiro da bolsa, tal e como che explicaremos de ser seleccionado/a. O seguro non custará en total máis de 500 €.

Antes de matricularte debes realizar o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios dos másteres ofertados nesta convocatoria nas universidades galegas que prefiras.

Cada universidade establece o seu propio prazo de admisión e debes estar en contacto directo con elas para informarte dos programas de máster da túa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que debes aportar.

A estes efectos, para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde pretendas cursar o máster. Non será necesario no caso de que o título estivera xa homologado a un titulo universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de máster.

Para preinscribirte, tes que cumprimentar o formulario de solicitude do máster ao que queiras acceder na web da universidade á que pertenza, onde te explicarán os requisitos de admisión e prazos posteriores para no seu caso matricularte:

  • A través desta ligazón (picar aquí)  e desta Guía facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UDC.
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: vepeu@udc.gal
  • A través desta ligazón (picar aquí) facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á USC.
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: study.abroad@usc.es

A través destas ligazóns facilítase información útil aos/ás estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UVIGO:

No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico:  posgrao1@uvigo.es