Miranda salienta o papel de “cordón umbilical con Galicia” que a revista do Lar Gallego de Sevilla tivo na historia do centro andaluz

O secretario xeral da Emigración presidiu a presentación do libro “Anduriña, la voz de los gallegos en Sevilla”, escrito pola directora da publicación, Marián Campra. 

  • O libro presentado hoxe está baseado na tese doutoral da directora da revista 'Anduriña' do Lar Gallego de Sevilla, Marián Campra García de Viguera
    O libro presentado hoxe está baseado na tese doutoral da directora da revista 'Anduriña' do Lar Gallego de Sevilla, Marián Campra García de Viguera
  • O libro presentado hoxe está baseado na tese doutoral da directora da revista 'Anduriña' do Lar Gallego de Sevilla, Marián Campra García de Viguera
    O libro presentado hoxe está baseado na tese doutoral da directora da revista 'Anduriña' do Lar Gallego de Sevilla, Marián Campra García de Viguera
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse ata Andalucía esta fin de semana para asistir á presentación do libro Anduriña, La Voz de los gallegos en Sevilla, escrito por Marián Campra García de Viguera e editado polo Lar Gallego de Sevilla, prólogo da entrega das anduriñas aos socios destacados da asociación, que se celebrará mañá ao mediodía e que recoñecerá o labor de sete socios en prol da difusión da cultura e a tradicións galegas e o premio literario que organiza a entidade galegohispalense. 

“Non é frecuente atopar un traballo de investigación real, coa profundidade e rigorosidade que reclama esa palabra, aderezado coa pluma dunhas das persoas que mellor coñece e comparte a alma desta entidade galega para convertelo nun relato que dá gusto ler, que engancha, que esperta no lector a curiosidade de saber máis, de ver, de visitar un dos centros galegos máis activos de Andalucía. Porque este libro recolle a historia non só do Lar Galego e de Anduriña, se non da emigración galega no sur de España”, celebrou Miranda. “O traballo de recuperación da memoria levado a cabo polo Lar Gallego de Sevilla para inmortalizar os momentos que conformaron o cordón umbilical que une Galicia con Andalucía toma prestado o nome á súa maior testemuña, Anduriña, a revista que vén de cumprir seis décadas plasmando a realidade da emigración galega na comunidade andaluza”, engadiu o responsable do departamento autonómico.

O libro, baseado na tese doutoral realizada por Campra, explica que a publicación naceu “como unha revista chea de valores que recolle as vivencias dun pobo que ama a terra que lles viu nacer e que un día tiveron que deixar”.  “Dentro das paredes da súa casa, o Lar Gallego vive Galicia en Sevilla. As súas tradicións e festas populares vividas baixo o sol de Andalucía e recollidas despois nesta revista, que será o seu maior medio de comunicación, un medio a través do cal dará a coñecer xeración tras xeración a súa forma de vida, amando e vivindo a súa terra lonxe dela, confiando, como estas anduriñas, regresar pronto ao seu niño aínda que sexa durante a estación de verán”, sinala o volume. 

Anduriñas e relatos curtos
Mañá ao mediodía terá lugar o acto de entrega dos recoñecementos que cada ano outorga a entidade ás persoas e entidades que traballan en prol da difusión da cultura e tradicións galegas. O Lar Gallego de Sevilla entregará a Anduriña de Ouro ao médico Manuel Romero Gómez, especialista en aparato dixestivo e catedrático de Medicina na Universidad de Sevilla, e as Anduriñas de Prata a Juan Andones Muñoz, Joaquín Gómez Camacho, Manuel Pereiras Taboada, pedro Casanova Ales e Antonio Grande Viñuela polos seus 25 anos como socios do centro, así como un diploma a José Antonio Vallo Suárez, ligado a el desde hai catro décadas. A entidade outorgará, así mesmo, o primeiro premio do décimo Certamen de Relatos Cortos María Teresa Rodríguez a Juana Cortés Amunarriz pola obra titulada Besos de manzanilla

Máis de 60 anos de cultura
O Lar Gallego de Sevilla, fundado en 1956, é un dos máis activos de toda Andalucía e sede da Federación de Centros Gallegos da comunidade autónoma, segue a abrir as súas portas a todas as andaluzas e andaluces, tanto as e os vinculados con Galicia como aquelas e aqueles que están unidos a ela a través de lazos xenealóxicos. Con máis de 220 persoas asociadas e 62 anos de vida o centro galego de Sevilla busca invitar a todas e todos os andaluces a adentrarse nas tradicións e realidade galegas e a formar parte delas. Por iso, o responsable do departamento do Goberno galego felicitou á directiva, persoas asociadas e ao presidente da entidade, Raimundo Alfredo Otero, polo intenso labor cultural que están a organizar de cara os vindeiros meses. 

Andalucía é a sétima comunidade autónoma con maior presenza de cidadás e cidadáns galegos, cun total de 21.899, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) con data 1 de xaneiro de 2018. Delas e eles, 9.552 son orixinarios da provincia da Coruña, 2.255 da de Lugo, 2.970 da de Ourense e 7.122 da de Pontevedra.

735 lecturas