Miranda anima ao Lar Gallego de Sevilla a seguir abrindo a súa actividade a todas e todos os andaluces

O secretario xeral da Emigración felicitou ao presidente da entidade, Raimundo Alfredo Otero, polos proxectos culturais que a entidade galega ten prevista de cara os vindeiros meses.

Fundada no 1956, a entidade galega na capital andaluza cumprirá o seu 62º aniversario o vindeiro 2 de decembro
Fundada no 1956, a entidade galega na capital andaluza cumprirá o seu 62º aniversario o vindeiro 2 de decembro
Listen to this page using ReadSpeaker
24 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou ao Lar Gallego de Sevilla, un dos máis activos de toda Andalucía e sede, precisamente, da Federación de Centros Gallegos da comunidade autónoma, a seguir a abrir as súas portas a todas as andaluzas e andaluces, tanto os vinculados con Galicia como aqueles que están unidos a ela a través de lazos xenealóxicos. O responsable do departamento do Goberno galego trasladou, ademais, os seus parabéns ao presidente da entidade, Raimundo Alfredo Otero, pola intensa programación cultural que teñen prevista de cara os vindeiros meses.

A edición dun libro que recolle, en palabras do secretario xeral da Emigración, “a historia non só do Centro Galego e de Anduriña, se non da emigración galega en Andalucía” constitúe un dos seus fitos máis próximos e máis esperados por toda a poboación de Galicia residente no sur de España. O traballo de recuperación da memoria levado a cabo polo Lar Gallego de Sevilla é, xunto á celebración do seu aniversario, un dos proxectos que marcará a axenda cultural e social da colectividade galega do sur do país, e mesmo do resto do Estado. De aí que Miranda anunciara a súa intención de asistir á presentación da publicación. 

Un aniversario para Andalucía
Ademais, o vindeiro 2 de decembro a entidade galega máis relevante de Andalucía, tanto por número de persoas asociadas, máis de 220, como pola súa actividade, e fundada en 1956, cumprirá 62 anos. A celebración desta data sumarase á intensa programación cultural e social coa que o centro galego de Sevilla busca invitar a todas e todos os andaluces a adentrarse nas tradicións e realidade galegas e a formar parte delas.

Andalucía é a sétima comunidade autónoma con maior presenza de cidadás e cidadáns galegos, cun total de 21.899, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) con data 1 de xaneiro de 2018. Delas e eles, 9.552 son orixinarios da provincia da Coruña, 2.255 da de Lugo, 2.970 da de Ourense e 7.122 da de Pontevedra.

228 lecturas