Miranda salienta o “destacado labor de inclusión social e laboral a prol dos retornados” que realiza a Asociación Cantaclaro

O secretario xeral da Emigración reúnese coas e cos representantes desta entidade coincidindo coa inauguración este sábado do seu novo espazo en  Celanova (Ourense).

Imaxe da reunión celebrada en Ourense
Imaxe da reunión celebrada en Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 11 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro coa presidenta da Asociación Cantaclaro, Daysi Ramírez, que asistiu acompañada por Nieves Veloso e Jesús Acosta.

Durante a xuntanza, Miranda sinalou o “destacado labor de inclusión social e laboral a prol dos retornados” que esta asociación vén realizando desde o ano 2015. Non en van, e como lembrou, desde a súa orixe Cantaclaro tivo como obxectivo difundir a cultura venezolana e crear lazos de unión coa poboación galega.

“Hai que pór en valor o gran traballo de Cantaclaro, sobre todo pola dura situación que están a vivir tantos os venezolanos como os nosos galegos emigrados”, afirmou o secretario. Así, entre os numerosos proxectos que realizan destacan os distintos obradoiros para orientar ás e aos retornados e axudalos en todo tipo de situacións, ofrecendo asistencia en temas administrativos, laborais ou formativos, e fomentado a confraternización. 

A asociación, que conta na actualidade con 400 asociadas e asociados, inaugurará este sábado día 12 a súa nova sede en O Penedo de Mourillós (Celanova) froito do acordo co grupo cultural Vecinos O Penedo, co que compartirán local. A obtención deste novo espazo permitirá ampliar as actividades feitas  pola asociación, podendo ofertar actividades e obradoiros más lúdicos.

78 lecturas