Emigración e a Fundación Ronsel analizan novas accións para implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe co representante da Fundación, Luis García Deber, e outros directivos, unha reunión na que se avaliou o realizado no presente ano tanto no  programa de apoio para emprendedores retornados Merlo como na formación laboral de alumnos Beme.

Nesta reunión apostouse por poñer en marcha novas iniciativas relativas a obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemento do mercado laboral galego que permitan continuar a atender aos galegos que regresan e que buscan poñer en marcha un negocio na comunidade ou atopar un emprego de calidade.

Emigración e a Fundación Ronsel analizan novas accións para implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego
Emigración e a Fundación Ronsel analizan novas accións para implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe, co representante da Fundación Ronsel, Luis García Deber, e varios directivos desta entidade, unha reunión na que se analizaron as novas accións a poñer en marcha para o próximo ano de cara a implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego, e así facilitar a súa empregabilidade.

Miranda destacou o éxito que está a ter neste senso a colaboración entre esta fundación e a Xunta de Galicia, xa que grazas ás xornadas formativas e os itinerarios personalizados, estase a dar unha maior cobertura aos galegos que retornan no seu proceso de adaptación á sociedade galega. O éxito que están a ter estas iniciativas abre o camiño a poñer en marcha novas accións que permitan aumentar o número de persoas beneficiarias.

A Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel están a desenvolver nestes intres diversas accións conxuntas destinadas á mellora da empregabilidade das persoas emigrantes retornadas, realizando obradoiros grupais, charlas e cursos dirixidos a proporcionar as ferramentas necesarias para coñecer o mercado de traballo galego, así como atención individualizada de inserción laboral adaptada as condicións particulares de cada un dos participantes. Estas accións buscan a eficiencia na busca de traballo por conta allea.

Por outro lado, continuase co Programa de mentores Merlo, que ofrece o maior apoio posible a estes novos empresarios para consolidar os seus negocios na comunidade autónoma galega. Nesta iniciativa concreta, que está a ter un éxito rotundo, dase formación a case un centenar de galegos emprendedores retornados.

Finalmente, tamén se está a levar a cabo un intenso traballo de formación e orientación destinado aos alumnos das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior Beme, que deste xeito coñecen as ferramentas máis axeitadas para obter un posto de traballo en Galicia.

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego, e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial.

345 lecturas