Miranda salienta a importancia da unidade da colectividade galega no exterior para perdurar no tempo, e aplaude o exemplo de Chile

O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena. 

O cargo autonómico asegurou que, mentres o século XX foi o da emigración, Galicia quere facer do século XXI o do retorno. 

  • O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
    O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
  • O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
    O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
  • O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
    O secretario xeral da Emigración visitou á comunidade galega do Estadio Español de Valparaíso, entidade que agrupa setecentas familias nesta rexión chilena
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comprobou onte en persoa a unidade que a colectividade galega conserva en Chile a través de entidades como o Centro Gallego de Valparaíso. Esta institución está integrada no Estadio Español de Valparaíso, que agrupa setecentas familias españolas. Todas e todos eles, matizou o cargo autonómico tras visitar a asociación e reunirse con varios dos seus membros, teñen un sentimento de pertenza máis forte que o doutras nacionalidades que, malia estar tamén representadas no país andino, fano dun xeito máis disperso. Situado na sede da antiga Unión Española de Deportes, a unión de entidades como o Club Español de Viña, a Casa de España de Valparaíso e o Club Español de Valparaíso, que venderon as súas instalacións, permitiron crear o actual Estadio Español de Valparaíso.

Rodríguez Miranda puxo o Centro Gallego de Valparaíso como exemplo de filosofía para prevalecer e non desaparecer como entidade, e matizou que, mentres en España e Europa as agrupacións que máis perduran teñen un fin principalmente cultural, no caso de América esténdese a todas as vertentes. Por iso, asegurou o responsable do departamento autonómico, quen tamén participou nun recital de música galega, “os centros galegos son fundamentais para poder realizar unha tarefa social. Sen eles sería case imposible levar a cabo o noso traballo con efectividade en moitos lugares de América”.

Programas de retorno
Precisamente por esta razón, a Secretaría Xeral da Emigración ten en marcha varios programas que establecen pontes permanentes e inquebrantables entre ambas marxes do Atlántico, como Conecta con Galicia, cuxo obxectivo é achegar as mozas e mozos galegos residentes no exterior á nosa terra para que compartan uns días coa mocidade de Galicia, o que xera un forte sentimento cara a terra das súas orixes e fortalece os vínculos.

Outro exemplo son as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que están a piques de iniciar a tramitación da súa segunda edición, e que resumen unha idea clave: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o século XXI sexa o do retorno”. Con este obxectivo, a Secretaría Xeral da Emigración sacará un paquete de medidas en colaboración con outros departamentos de la Xunta. “A Galicia de hoxe foi referencia en España durante a época de crise, e está a selo agora tamén, no momento da recuperación económica. Porque esta Galicia moderna construíuse grazas ao esforzo de todos os galegos, incluíndo moi especialmente aos que residen no exterior. Así é no presente que vivimos e estou seguro do voso compromiso para que siga a selo no futuro”, asegurou Rodríguez Miranda.

Aniversario do Lar Gallego de Chile
O secretario xeral da Emigración ten previsto viaxar hoxe a Santiago para participar nos actos de celebración do cincuenta aniversario do Lar Galego de Chile, un dos centros máis influíntes do país. O programa inclúe diversas actividades culturais que se levarán a cabo ao longo de todo o día e que culminarán cunha cea á que asistirá unha representación da Embaixada de España e na que actuará o cantautor ourensán Emilio Rúa.

786 lecturas