Miranda reúnese con responsables do Goberno cubano e español para intensificar a coordinación na tramitación dos programas de axuda do Goberno galego

O secretario xeral da Emigración foi recibido por representantes do Ministerio de Exteriores de Cuba e a Consejería Laboral da Embaixada para continuar avanzando en cuestións de cooperación institucional.

O titular do departamento autonómico mantivo un encontro co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo, entidade que colabora na entrega das axudas aos galegos e galegas de La Habana.

  • Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración con representantes do Ministerio de Exteriores (Minrex) de Cuba e o embaixador de España na illa
    Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración con representantes do Ministerio de Exteriores (Minrex) de Cuba e o embaixador de España na illa
  • O secretario xeral da Emigración tamén se reuniu co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo
    O secretario xeral da Emigración tamén se reuniu co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo sendas reunións con diversos representantes do Ministerio de Exteriores (Minrex) de Cuba e da Embaixada de España co obxectivo de seguir avanzando nas cuestións de cooperación internacional que competen ao Goberno galego. O titular do departamento autonómico foi recibido pola máxima responsable da Dirección de Europa y Canadá, Alba Soto Pimentel, quen vén de tomar posesión do seu cargo recentemente e con quen tratou das estreitas relacións entre os dous gobernos e dos programas que o Executivo galego mantén activos desde hai décadas para axudar a garantir as necesidades básicas das cidadás e os cidadáns galegos residentes na illa. 

Tanto a xuntanza coa representante do Goberno cubano, que se desenvolveu coa presencia do embaixador de España en Cuba, Jesús Fernández Trigo, como a celebrada co xefe da Oficina de Consejería de Empleo y Seguridad Social da Embaixada de España, Jesús Chacón García, enmárcanse dentro das relacións institucionais de estreita colaboración que manteñen as tres Administracións gobernamentais, que perseguen facilitar a xestión  dos programas da Xunta de Galicia para as e os residentes no país centroamericano.    

Oficina no antigo pazo do Centro Gallego
Tamén con este obxectivo o secretario xeral da Emigración presidiu un encontro co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo, entidade responsable da oficina de atención aos galegos e galegas, situada en La Habana. É nestas instalacións, ubicadas no antigo pazo do Centro Gallego, hoxe sede do Gran Teatro de La Habana, onde se tramitan gran parte das solicitudes de axuda formuladas polas e polos galegos sen recursos que viven na capital cubana. 

106 lecturas