Miranda agradece ás sociedades galegas de Cuba o seu labor de colaboración coa Xunta na atención das e dos galegos da illa

O secretario xeral da Emigración visitou a oficina de atención aos galegos e galegas da capital cubana, que conta con sete traballadoras e traballadores.

Os beneficiarios e beneficiarias do programa “Conecta con Galicia” deste ano recibiron a Compostela de mans do responsable do departamento autonómico e da ministra consejera da Embaixada de España.

  • O secretario xeral da Emigración agradeceu persoalmente aos presidentes e presidentas das distintas sociedades galegas de Cuba o seu traballo
    O secretario xeral da Emigración agradeceu persoalmente aos presidentes e presidentas das distintas sociedades galegas de Cuba o seu traballo
  • Os sete mozas e mozas que participaron no 'Conecta con Galicia 2018' de Emigración recibiron as súas compostelas
    Os sete mozas e mozas que participaron no 'Conecta con Galicia 2018' de Emigración recibiron as súas compostelas
  • Os sete mozas e mozas que participaron no 'Conecta con Galicia 2018' de Emigración recibiron as súas compostelas
    Os sete mozas e mozas que participaron no 'Conecta con Galicia 2018' de Emigración recibiron as súas compostelas
Vídeo dos programas 'Conecta con Galicia' e 'Escolas Abertas'
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu persoalmente, aos presidentes e presidentas das distintas sociedades galegas de Cuba o seu labor e o seu traballo en beneficio dos galegos e galegas residentes en La Habana. O responsable autonómico, acompañado polo embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo, salientou a colaboración e a dedicación de recursos co único obxectivo de facilitar a xestión do programas de axudas que a Xunta destina ás e aos emigrantes e os seus e as súas descendentes con necesidades máis urxentes, tradúcese en milleiros de solicitudes e concesións cada ano.

As e os máximos representantes das sete entidades galegas da capital do país centroamericano (que agrupan ao máis de medio cento das existentes), a Agrupación Artística Gallega; a Sociedad Cultural Rosalía de Castro; a Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia; Monterroso y Anta de Ulla Sociedad de Recreo, Cultural y de Beneficiencia; o Centro Unión Orensana de La Habana; a Sociedad La Aurora de Somozas; a Agrupación de Sociedades Representantes de Municipios y Parroquias de Galicia, agrupados na Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, “seguen a constituír décadas despois o máis forte e leal colaborador do Goberno galego no coidado dos seus maiores e no traballo por incorporar os mozos residentes no país”, sinalou Miranda.  

As e os sete traballadores cos que conta a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba na Oficina de Atención, que ocupa parte do antigo pazo do Centro Gallego, colaboran na xestión da meirande parte das axudas económicas individuais que cada ano se conceden para paliar as dificultades máis urxentes de milleiros de familias galegas en Cuba. No total da capital cubana o número de axudas económicas individuais concedidas nos últimos exercicios permitiron a milleiros de familias paliar a complexa situación que atravesan desde hai décadas.

Un vídeo para rememorar o verán
Tralo encontro cos e coas representantes das entidades galegas en La Habana, o titular do departamento autonómico presidiu, acompañado pola ministra consejera da Embaixada de España en Cuba, Nuria Reigosa González,  á entrega de Compostelas ás mozas e aos mozos galegos de Cuba que participaron no Conecta con Galicia nalgunha das dúas quendas de beneficiarias e beneficiarios deste programa da Secretaría Xeral da Emigración. Grazas a esta última convocatoria, sete mozas e mozos galegos de entre 14 e 20 anos viaxaron a Galicia, onde durante dúas semanas percorreron o Camiño de Santiago desde Lugo e Ourense e gozaron do programa de actividades náuticas deseñado polo campamento de tempo libre da Consellería de Política Social de Gandarío. 

Tanto as e os participantes no programa da Xunta de Galicia como os seus e as súas familiares e acompañantes puideron desfrutar do vídeo institucional co que o goberno galego quere promocionar esta iniciativa do departamento de Emigración, e que foi rodado este mesmo verán coas e cos participantes desta edición dos programas Conecta con Galicia e Escolas Abertas, que tamén contou con beneficiarias e beneficiarios procedentes da illa.

696 lecturas