Os centros galegos de Alemaña coñecen, da man do secretario xeral da Emigración, as liñas de colaboración da Xunta abertas nestes intres

Imaxe da reunión celebrada en Bonn
Imaxe da reunión celebrada en Bonn
Listen to this page using ReadSpeaker
Bonn (Alemaña), 6 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro en Bonn coas entidades galegas situadas no centro e no noroeste de Alemaña co obxectivo de trasladarlles as liñas de axudas e de colaboración que Emigración mantén abertas nestes intres, como son as referidas a sufragar os gastos de funcionamento e os seus proxectos culturais.

Nesta reunión estiveron presentes as e os directivos do Club Galicia de Bonn, da Asociación Cultural Galega de Hamburgo e do Grupo Cultural Gallego de Troisdorf. O secretario xeral tamén comprometeu, nos próximos meses, a súa visita a Hamburgo co gallo da reinauguración da nova sede do centro galego desta localidade.   

350 lecturas