Miranda reúnese co presidente do clúster das TIC para abrir novas vías de colaboración no fomento do retorno á comunidade

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con Antonio Rodríguez Corral para buscar posibles sinerxías co colectivo que dirixe de cara a reforzar a Estratexia Retorna 2020.

  • O secretario xeral da Emigración e o presidente do clúster TIC de Galicia analizaron a estratexia conxunta de inserción laboral dos mozos e mozas e persoal cualificado galego residente no exterior
    O secretario xeral da Emigración e o presidente do clúster TIC de Galicia analizaron a estratexia conxunta de inserción laboral dos mozos e mozas e persoal cualificado galego residente no exterior
  • O secretario xeral da Emigración e o presidente do clúster TIC de Galicia analizaron a estratexia conxunta de inserción laboral dos mozos e mozas e persoal cualificado galego residente no exterior
    O secretario xeral da Emigración e o presidente do clúster TIC de Galicia analizaron a estratexia conxunta de inserción laboral dos mozos e mozas e persoal cualificado galego residente no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente do clúster das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de Galicia, Antonio Rodríguez Corral, en Santiago de Compostela para estudar novas vías de colaboración que contribúan a fomentar o retorno á comunidade. O obxectivo é buscar posibles sinerxías entre os dous ámbitos de actuación, o administrativo e institucional e o profesional, que permitan optimizar os recursos dispoñibles e axustalos á realidade do mercado laboral e das necesidades de traballo ou emprendemento daquelas e daqueles que deciden regresar a Galicia.

Esta primeira toma de contacto entre os representantes de ambos órganos de carácter autonómico serviu para comezar a definir as liñas de cooperación que marcarán a futura estratexia conxunta de cara a incrementar a inserción laboral dos mozos e mozas e persoal cualificado galego residente no exterior. 

Piar fundamental
A apertura desta nova vía de cooperación cun sector tan fundamental na sociedade actual e tecnolóxica de hoxe supón un paso máis nas políticas de fomento do emprego e captación de talento incluídas na Estratexia Retorna 2020, aprobada o pasado 12 de abril polo Consello da Xunta, e que constitúe un dos piares más importantes sobre os que se asenta a actuación do actual Goberno galego para facer fronte ao complexo reto demográfico que teñen por diante gran parte das comunidades autónomas de España.

188 lecturas