A Xunta convoca dúas novas liñas de axudas para apoiar a persoas traballadoras autónomas, que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna

Xa está aberto o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo.

Este ano vanse destinar preto de 60M€ dende a Xunta de Galicia en apoio das persoas traballadoras por conta propia.

Estas axudas están incluídas nas cen medidas da nova Estratexia Galicia Retorna que vén de aprobar o Goberno galego
Estas axudas están incluídas nas cen medidas da nova Estratexia Galicia Retorna que vén de aprobar o Goberno galego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023.

O Goberno galego destina 20 millóns de euros a dúas novas liñas de axudas para apoiar a 7.000 persoas traballadoras autónomas, axudas que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna. As partidas habilitadas este ano para as persoas traballadoras por conta propia en Galicia suman preto de 60 millóns de euros.

Galicia é a segunda Comunidade con maior peso no réxime de persoal autónomo sobre o total de afiliacións á Seguridade Social. 

Estas dúas liñas de axudas van dirixidas, por unha banda, a novas persoas autónomas, para que fagan fronte aos gastos de apertura dos seus negocios; e por outra, ás que queiran emprender melloras nos seus establecementos. A primeira, Xempre Autónomo, destina 12 millóns a achegas que van entre os 2.000 e os 4.000 euros para cada solicitante; e a segunda, o Bono Autónomo, conta cun orzamento de 8 millóns e as persoas receptoras poderán recibir ata 3.000 euros. O Goberno galego calcula que, en total, poderán beneficiarse 7.000 persoas do sector con estas novas achegas.

Estas novas convocatorias súmanse a outras iniciativas pensadas para dinamizar o comercio, como o Bono Activa Comercio, o Bono Cultura ou as axudas habilitadas para a renovación de electrodomésticos. Alfonso Rueda subliñou que a Xunta conta cunha sólida rede de apoio ao sector e que ese compromiso reforzarase aínda máis no futuro, cando entre en vigor a nova Estratexia de emprego autónomo que prepara o Goberno galego.

428 lecturas