Miranda reúnese co presidente do Centro Gallego de Madrid e felicita a implicación dos galegos coa promoción do Xacobeo 21-22 nesa Comunidade Autónoma

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente do Centro Gallego de Madrid, Fernando Rey Paz, mantiveron un encontro no que entre outros temas analizaron as actividades que están a desenvolver para a difusión do Camiño así como o programa que  van a realizar co gallo do Xacobeo 21-22.
 
Esta entidade xuntos coas demais asociacións galegas da capital comezou os actos de promoción do bienio Xacobeo o pasado xuño coa celebración da Semana Xacobeo 21-22 en Madrid acercando Galicia a través da música, cine e gastronomía tradicional da nosa terra a esa Comunidade Autónoma.

Segundo os datos do Instituto de Estatística da propia Comunidade de Madrid, actualmente residen na mesma un total de 76.566 galegos e galegas.

717 lecturas