As entidades galegas de Madrid inician as súas actividades para celebrar o Xacobeo realizando un percorrido polo enclave medieval que rodea a Iglesia de Santiago da capital

As e os presidentes das asociacións e centros galegos madrileños celebraron unha cerimonia neste templo e posteriormente iniciaron a primeira ruta xacobea por Madrid buscando os símbolos que do Camiño se conservan na capital.

  • Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
    Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
  • Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
    Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
  • Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
    Foto da primeira xornada de celebración do Xacobeo 2021-22 das entidades galegas en Madrid
Cerimonia na Iglesia de Santiago da capital de España
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 14 de xuño de 2021.

As entidades galegas de Madrid iniciaron esta fin de semana o seu calendario de actividades coas que celebrarán ao longo destes dous anos o Xacobeo. A primeira das iniciativas tivo lugar na Igrexa de Santiago da capital onde, tras unha cerimonia relixiosa, se realizou a primeira ruta xacobea por Madrid.

As e os presidentes das asociacións e centros galegos de Madrid participaron este sábado nunha cerimonia xacobea celebrada na Igrexa de Santiago. Posteriormente, levouse a cabo un percorrido dende o quilómetro 0 do Camiño de Madrid a Compostela ata rematar na Catedral da Almudena e no Palacio de Oriente. Tratouse dun percorrido polo enclave medial que rodea á igrexa de Santiago, buscando os símbolos e marcas xacobeas que aínda se conservan na capital española, guiadas e guiados polo escritor e experto en temas xacobeos, Fernando Lalanda. 

As e os responsables das entidades luciron a capa da Orde da Vieira, unha roupa que inclúe os símbolos tradicionais das e dos peregrinos. A cerimonia contou coa intervención de Andrés Ramos, capelán honorario das colectividades galegas en Madrid, e tamén coa presenza do mestre Carracedo, que interpretou o Himno do Antigo Reino de Galicia. 

Con esta iniciativa ponse en marcha un amplo abano de actividades que as entidades galegas da comunidade autónoma madrileña desenvolverán nos próximos meses para conmemorar o Ano Santo, tal e como tamén están xa a facer o resto de centros e asociacións galegas repartidas por toda España. 

569 lecturas