Miranda reúnese en Burgos co presidente do Centro Galego para interesarse pola situación das e dos galegos residentes en Castela e León
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a pasada fin de semana o Centro Galego en Burgos co obxectivo de interesarse pola situación dos galegos e galegas residentes na comunidade de Castela e León.
Durante o encontro, o presidente do centro, Ángel Ferreiro, lembrou que continúa coas súas portas pechadas ante as actuais medidas anticovid que marca a Junta de Castela e León, pero que agardan poder retomar ás súas actividades presenciais a partir do mes de xuño. O peche das entidades está a ser un dos problemas máis habituais dos centros galegos, xa que supón para eles un importante prexuízo económico.
Novas relacionadas