Miranda resalta a importancia da cooperación para unha mellor atención á persoa emigrante retornada

Destaca o “labor fundamental” que se realiza desde as entidades de agrupacións de venezolanas e venezolanos retornados para facilitar a chegada de “moitos paisanos que están a atravesar unha situación excepcional”.

Subliña o incremento que están a experimentar as cifras de retorno a Galicia, con máis de 7.000 galegas e galegos que volveron á súa terra durante o ano 2018, o que supuxo o quinto exercicio consecutivo de incremento do retorno á comunidade.

  • O secretario xeral da Emigración, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inaugura o 1º Encontro de Retornados Galegos organizado por HEVEGA
    O secretario xeral da Emigración, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inaugura o 1º Encontro de Retornados Galegos organizado por HEVEGA

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, acompañado polo delegado territorial, Ovidio Rodeiro, participou onte no 1º Encontro de Retornados Galegos organizado HEVEGA no Palacio da Opera, onde puxo en valor a importancia da cooperación para unha mellor atención ao retornado. 

“Xornadas como esta son unha boa oportunidade para afondar na importancia da colaboración, entre administracións e entidades, na procura de achegarvos a información e a formación necesaria”, sinalou Miranda, quen subliñou que o retorno “é unha oportunidade de xustiza para os galegos do exterior”. 

Neste marco, o secretario xeral resaltou o incremento que están a experimentar as cifras de retorno a Galicia, con máis de 7.000 galegas e galegos que volveron á súa terra durante o ano 2018, o que supuxo o quinto exercicio consecutivo de incremento do retorno á comunidade. 

Estas e estes retornados, proseguiu Miranda, necesitan en moitas ocasións asesoramento e formación, de aí a “importancia de xornadas como esta e da cooperación coas entidades, que nos permiten facilitar a volta a casa de moitos paisanos que, no caso concreto de Venezuela, están a atravesar unha situación excepcional”. 

Así mesmo, o titular do departamento autonómico lembrou que a aposta da Xunta pola volta á casa das cidadás e os cidadáns galegos do exterior materializouse na Estratexia Retorna 2020, un documento transversal que busca acadar a volta a súa casa de 20.000 galegas e galegos no período 2020. Algo para o que avogou tamén pola “colaboración entre administracións” na procura de adoptar as medidas necesarias en materia de homologación de títulos ou de permisos de residencia. 

Sobre Venezuela 
A 1 de xaneiro de 2019, Venezuela acubilla 35.996 residentes de orixe galega, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Só en 2018 regresaron a Galicia procedentes de Venezuela un total de 3.546 emigrantes galegas e galegos ou descendentes con nacionalidade española e inscritos nalgún concello da comunidade.

181 lecturas