Emigración abre o prazo para solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor 2023 estará aberto ata o 29 de setembro
O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor 2023 estará aberto ata o 29 de setembro
Axudas ao Retorno Emprendedor - Francisco Castro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que permite aos galegos e galegas que, como o escultor Francisco Castro, regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 10.000 euros de subvención. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, 14 de abril, e permanecerá aberto ata o 29 de setembro deste mesmo ano.

No seguinte vídeo, este artista retornado dos Estados Unidos, que traballa actualmente en Sanxenxo, conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dun taller escultórico dende onde está a executar traballos para varios edificios públicos dos USA. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas Oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.

428 lecturas