Conecta co Camiño 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1894 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR930D).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
16.05.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta co Camiño para o ano 2023. Este programa ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa cultura e a xeografía galegas a través da realización de distintos tramos do Camiño de Santiago Portugués ata Compostela.

Persoas participantes:
Poderán optar a este programa os/as mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter a súa residencia habitual no exterior.
b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 18 e os 20 anos.
f) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 17/05/2023 ata o 16/06/202.

Distribución de prazas e financiamento das viaxes

  Financiamento viaxes - Nº prazas
CONECTA CO CAMIÑO
/ PAÍS
0 € 500€ América
/ 125€ Europa
1000€ América
/ 250€ Europa
Total
Arxentina 7 4 2 13
Brasil 3 2 2 7
Cuba 7 1 - 8
Uruguai 3 2 1 6
Venezuela 5 1 1 7
Resto de América 2 2 2 6
Europa 8 3 2 13
Totais 35 15 10 60

 

Solicitudes e documentación:

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: Sede electrónica da Xunta de Galicia

Lugar e presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das  seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • No Uruguai: Delegación da Xunta en Montevideo.
  • No Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruçao, en São Paulo.
-Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
-Asociación Cultural Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía.

  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas, na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • O resto dos países: nos rexistros das Embaixadas de España.

Poderán presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral de Emigración (Rúa Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Correo electrónico de información: accion.social.emigracion@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.06.2023