Miranda reúnese co presidente e membros da directiva do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet para promover a cultura galega

Imaxe da reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con José Canosa Blanco, presidente do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, e outras e outros membros da directiva do centro. Durante o encontro, abordáronse temas importantes para a comunidade galega en Santa Coloma de Gramenet, incluíndo a promoción da cultura galega e a organización de eventos culturais. O secretario expresou o seu agradecemento polo traballo realizado polo Centro Airiños da Nosa Galicia e reiterou o seu apoio ás iniciativas que promovan o enriquecemento cultural.

José Canosa Blanco destacou a importancia de contar co respaldo institucional para continuar desenvolvendo actividades que manteñan vivas as tradicións galegas en Cataluña. Ademais, presentouse un plan de eventos para o próximo ano, que inclúe todo tipo de actividades para mozos e maiores.

690 lecturas