Miranda recibe a Italo Barasi, exsecretario do Lar Gallego de Chile
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2021.
O secretario xeral da Emigración recibiu ao exsecretario do Lar Gallego de Chile, Italo Barasi, que recentemente retornou a Galicia coa súa familia. Durante o encontro, o responsable de Emigración preocupouse pola situación da nosa diáspora en Chile, onde actualmente residen 4.376 cidadás e cidadáns galegos. Tamén tiveron ocasión de analizar aspectos do retorno a Galicia como o importante acompañamento personalizado que ofrecen as oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno, presentes nas catro provincias galegas.
Novas relacionadas