Miranda analiza co presidente da Sociedade Rosalía de Castro de Santos a atención socioasistencial aos galegos e galegas maiores residentes nesta cidade do Brasil

Miranda e Vieitez, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Vieitez, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos, Casto Vieitez, co obxectivo de analizar a atención socioasistencial que esta entidade ofrece aos galegos e galegas residentes nesta cidade do Brasil e para a que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Esta sociedade é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con máis de cen socias e socios galegos residentes en Santos, e desenvolve unha importante política socio asistencial orientada a mellorar a asistencia social das persoas da terceira idade necesitadas pertencentes á colectividade galega. Para este fin, a Xunta de Galicia colabora coa entidade con 20.000 euros anuais.

571 lecturas