Miranda recibe ao presidente da Promoción da Cultura Galega de Lausanne en Suíza
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe en Santiago a Manuel Amarelle Amigo, presidente da Promoción da Cultura Galega de Lausanne, a través do que puido coñecer como se está a desenvolver o funcionamento da entidade así como a situación na que se atopa a colectividade galega en Lausanne.
Miranda aproveitou a ocasión para agradecer o esforzo da entidade por manter viva a cultura galega durante estes difíciles meses nos que se viron abocados a suspender as súas actividades e brindoulle toda a colaboración para sacar adiante proxectos de futuro.
Segundo datos do IGE residen actualmente 41.169 cidadás e cidadáns galegos no país helvético, das e dos que 18.951 son nados en Galicia.
Novas relacionadas




