Miranda coordina co presidente de Fagama as actividades de promoción da galeguidade previstas para os próximos meses

Imaxe da reunión celebrada na capital de España
Imaxe da reunión celebrada na capital de España
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 5 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co presidente de Fagama (Federación de Asociación Galegas en Madrid), Horacio Rico, co obxectivo de coordinar as actividades que está a preparar a entidade para os próximos meses de cara a continuar a promocionar a galeguidade na capital de España.

Durante a reunión, o responsable do departamento autonómico confirmou o interese da Secretaría Xeral en colaborar nestas iniciativas de apoio á cultura galega e que se desenvolverán antes de fin de ano. A maiores, Rodríguez Miranda interesouse tamén pola situación das entidades que conforman a asociación e pola situación dos galegos e galegas na comunidade autónoma madrileña.

233 lecturas