Miranda compartiu a IX Romaría Galega da diáspora residente en Madrid, organizada por FAGAMA

O secretario xeral da Emigración animou ás galegas e aos galegos residentes na capital de España a afondar no camiño da optimización de recursos, e no pulo á proxección de Galicia máis aló do territorio.

  • Esta novena xuntanza da colectividade galega residente na Comunidade de Madrid tivo lugar no Recinto Ferial de Alcobendas
    Esta novena xuntanza da colectividade galega residente na Comunidade de Madrid tivo lugar no Recinto Ferial de Alcobendas

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este sábado na IX Romaría Galega da Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), que tivo lugar na localidade de Alcobendas, ata onde se achegou boa parte da diáspora residente na capital española e provincia.

Trátase da novena edición dunha das moitas actividades que a Federación desenvolve ao longo do ano para fomentar a unión entre os asociados e asociadas ás entidades. Son actividades como conferencias, ofrendas florais, festas gastronómicas e populares, cursos, concursos e eventos culturais, torneos e concentracións deportivas, encontros musicais, excursións, semanas monográficas, ceas e mercados solidarios, concertos, magosto, e un longo etcétera que completa un amplísimo abano de posibilidades ao alcance das e dos asociados ás comunidades que integran a Federación, fundada no ano 2004.

A optimización de recursos que caracteriza as celebracións da diáspora galega en Madrid foi posto en énfase durante esta xornada polo secretario xeral da Emigración, quen salientou que “mediante esa unidade e esa interacción entre comunidades, que son símbolos de identidade de FAGAMA, as múltiplas actividades deseñadas por cada asociación acadan un efecto multiplicador, e chegan a máis galegas e galegos”. Rodríguez Miranda engade que “ademais, fortalecen o espírito de unión que sempre definiu á Galeguidade en todo o mundo e, como non, tamén na capital de España”.

Precisamente, a situación estratéxica das comunidades integrantes da Federación é un activo que, segundo o máximo responsable autonómico en materia de Emigración, se debe poñer en valor: “O mesmo ca no pasado, nestes momentos nos que iniciamos a recuperación económica Galicia necesita das e dos seus fillos espallados por todo o mundo. Só eles poden axudarnos a mellorar a proxección nacional e internacional da nosa cultura e da nosa economía”, engadiu Miranda.

Celebración
A xornada, na que participaron un gran número das e dos membros das asociacións integrantes, desenvolveuse cunha recepción a tódolos grupos participantes na explanada do Recinto Feiral de Alcobendas, á que seguiu un pasarrúas das bandas das asociacións integrantes, oficio relixioso, concurso de tartas e arroz con leite, celebración campestre, entrega de agasallos conmemorativos e premios aos gañadores e gañadoras dos concursos, actuacións dos grupos folclóricos das distintas entidades, e baile.

1093 lecturas