Miranda plantea na reunión da Ciudadanía Española Global que a diversidade de España e da súa cidadanía no exterior son as súas grandes fortalezas no actual mundo globalizado

O secretario xeral da Emigración trasladou a necesidade dunha regulación específica e actual do retorno que afronte a realidade das problemáticas dos españoles e españolas do exterior como son a homologación de títulos ou a regularización das e dos familiares das persoas retornadas sen nacionalidade española.

Tamén solicitou un “acceso dixital real” para que as cidadás e os cidadáns do exterior poidan sentirse integrados na administración pública pese á distancia.

Rodríguez Miranda recordou ao Estado que as dificultades do voto e o acceso á nacionalidade son temas de relevancia que necesitan ser solucionados para que as galegas e galegos do exterior se sintan recoñecidos.

O secretario xeral da Emigración, durante a súa intervención na reunión celebrada na capital de España
O secretario xeral da Emigración, durante a súa intervención na reunión celebrada na capital de España
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 2 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Madrid, xunto ao resto das e dos responsables autonómicos dos mesmos departamentos, á primeira reunión de traballo da iniciativa Cidadanía Española Global (CEG) que pon en marcha o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, e que ten como obxectivo poñer en marcha accións que permitan conectar máis e mellor coas e cos cidadáns españoles que residen no exterior. Miranda valorou positivamente o encontro e ofreceu a colaboración leal e institucional de Galicia para acadar os obxectivos que se marcan nesta iniciativa.   

O secretario xeral da Emigración, afirmou durante a reunión da Ciudadanía Española Global que “do mesmo xeito que a diversidade de España é unha gran fortaleza, a diversidade da España exterior tamén o é neste mundo globalizado, por iso por iso debemos intentar integralos dende onde residan ou no seu retorno”.

Durante o encontro, Galicia puxo sobre a mesa as iniciativas e accións levadas a cabo nos últimos anos en pro das e dos seus cidadáns no exterior, sendo a nosa comunidade a que ten un peso especialmente relevante dado que conta co maior número de residentes no estranxeiro e que está a desenvolver unha estratexia transversal con todos os departamentos da Xunta para apoiar e impulsar o retorno a Galicia.

Miranda incidiu na necesidade de que o Estado poña en marcha unha regulación específica e actual do retorno que afronte as realidades das problemáticas dos españois e españolas do exterior, como son os permisos de residencia para familiares sen nacionalidade ou a homologación áxil dos títulos universitarios estranxeiros. 

O secretario xeral da Emigración solicitou ao Estado durante esta reunión que se poña en marcha un acceso dixital “real e  posible” para que as cidadás e os cidadáns do exterior poidan sentirse integrados nos servizos da administración pública a pesar da distancia.

Por outra banda, Antonio Rodríguez Miranda tamén recordou que as dificultades para exercer o voto ou o acceso á nacionalidade son temas de relevancia para “os nosos residentes do exterior, e son cuestións que deben ser solucionadas para que se sintan realmente integrados”.

621 lecturas