Miranda no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior: “O Goberno Central está a abandonar á sua sorte aos españoles del exterior polo deterioro nos servizos públicos e falta das actuacións necesarias para afrontar as súas necesidades”

O secretario xeral da Emigración advertiu da necesidade de avanzar na eliminación das desigualdades que afectan aos españois residentes fóra do país en ámbitos como a fiscalidade, a atención consular, o acceso ao voto, a homologación de estudos ou as prestacións sociais.

Miranda lamentou que os españois no exterior “non poden ser utilizados únicamente con fins electorais”.

Miranda no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior: “O Goberno Central está a abandonar á sua sorte aos españoles del exterior polo deterioro nos servizos públicos e falta das actuacións necesarias para afrontar as súas necesidades”
Miranda no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior: “O Goberno Central está a abandonar á sua sorte aos españoles del exterior polo deterioro nos servizos públicos e falta das actuacións necesarias para afrontar as súas necesidades”
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid (Comunidade de Madrid), 27 de maio de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na última xornada do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), onde reclamou na súa intervención un maior compromiso do Estado coa cidadanía española residente no exterior e coas políticas de retorno. Miranda advertiu de que o balance realizado neste ámbito “non pode ser positivo”, ao considerar que nos últimos anos se produciu por parte do goberno unha perda de sensibilidade cara á cidadanía exterior “non nas palabras, senón nos feitos o que provoca o seu abandono”.

Miranda fixo balance dos principais asuntos abordados ao longo do encontro, sinalando a necesidade de avanzar na eliminación das desigualdades que afectan aos españois residentes fóra do país en ámbitos como a fiscalidade, a atención consular, o acceso ao voto, a homologación de estudos ou as prestacións sociais. 

Lamentou unha progresiva perda de apoio tanto ás entidades españolas no exterior como aos propios cidadáns, advertindo de que moitas liñas de axuda e programas foron reducidos ou suprimidos nos últimos anos. O secretario xeral criticou que estas decisións se xustifiquen pola ausencia de novos orzamentos estatais, mentres ao mesmo tempo aumenta a recadación fiscal o que considera argumento falso”. Neste sentido, advertiu de que “cando diminúe o apoio ás entidades e ás persoas, tamén se debilita o vínculo coa cidadanía exterior”.

No ámbito electoral, Miranda tamén incidiu na necesidade de continuar mellorando os mecanismos de participación da cidadanía no exterior. O secretario xeral sinalou que, malia os avances producidos coa eliminación do voto rogado, continúan existindo dificultades que condicionan o exercicio efectivo deste dereito e reclamou unha adaptación do sistema ás diferentes realidades xeográficas dos países con maior presenza de cidadáns españois, incrementando os lugares de depósito de voto.

O secretario xeral referiuse tamén á situación de moitos galegos residentes en Venezuela, advertindo das esperas de varios anos para acceder a pensións que deberían ser recoñecidas, entre persoas en situación alta vulnerabilidade. Miranda reclamou “cumplir coa legalidade e pagar esas pensións ás que teñen dereito como españoles”.

No ámbito da nacionalidade, Miranda mostrouse especialmente crítico coa aplicación da Lei de Memoria Democrática, que cualificou como “unha nova chapuza xurídica”, advertindo de que o sistema actual volveu evidenciar graves problemas de planificación e xestión. O secretario xeral sinalou que a acumulación de expedientes e o colapso rexistrado nos consulados “non é consecuencia sólo dunha maior demanda, senón da incapacidade para planificar e xestionar unha realidade que era previsible”.

O retorno como prioridade

Miranda insistiu en que o retorno debe converterse nunha auténtica política de Estado e non recaer exclusivamente sobre as comunidades autónomas, lembrando que Galicia leva anos impulsando programas específicos a través da Estratexia Galicia Retorna para acompañar ás persoas desde a súa saída ata a súa integración efectiva.

Neste sentido, destacou que “as comunidades autónomas que estamos moi presentes no exterior sentímonos moi soas traballando cos cidadáns e especialmente no ámbito do retorno”, e lamentou que nos últimos anos non existise unha coordinación suficiente entre o Estado neste ámbito e da que o Goberno Nacional é o maximo responsable.

Balance e agradecemento

Na súa intervención final, o secretario xeral agradeceu o traballo desenvolvido por todos os conselleiros ao longo do mandato e tamén o labor do persoal que traballa no ámbito do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.

Miranda pechou a súa intervención cunha mensaxe de recoñecemento á todos os que traballan coa colectividade española no exterior: “Esperamos seguir econtrándonos en calqueira lugar do mundo traballando polos “nosos españoles” e digo “nosos”  non por posesión senón por “pertenza”, por compromiso e por familia”.

67 lecturas