Miranda achégase por medio dunha videoconferencia á situación da colectividade galega no Brasil durante a crise do coronavirus

Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas no Brasil
Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas no Brasil
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro virtual cos galegos e galegas do Brasil a través dunha videoconferencia na que se achegou á realidade que están a vivir por mor da crise do coronavirus, que está a afectar con diferente intensidade aos países con maior presenza galega. O titular do departamento autonómico transmitiu ás e aos representantes das entidades galegas no país suramericano unha mensaxe de tranquilidade a adiantoulles algunhas das medidas que o Goberno galego ten previsto tomar nos vindeiros meses para minorar as consecuencias que está pandemia está a deixar nos centros galegos de todo o mundo. 

Na xuntanza telemática participaron responsables da Sociedade Espanhola de Beneficiencia, a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada e a Peña Galega de Casa de España, de Rio de Xaneiro; a Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, o Centro Cultural e Recreativo Hispano-Galego (Centro Español), a EDACE-Escola de Dança, Arte e Cultura Galega e Espanhola e o Galicia Esporte Clube, de Salvador de Baía; a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro e a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, de São Paulo; o Club Español de Niteroi; a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro e o Centro Español e Repatriación, de Santos; o Grêmio Espanhol de Socorros Mutuos e Instruçao de Belo Horizonte; e a Casa de Galicia do Centro Espanhol do Paraná de Beneficiencia e Cultura de Curitiba. 

936 lecturas