Miranda participa nos actos da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya no Mosteiro de Montserrat (Barcelona) para a promoción do Ano Santo Xacobeo
Barcelona, 23 de outubro de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos organizados pola Unión de Asociacións Galegas de Catalunya (UAGALCAT) no Mosteiro de Monserrat co obxectivo de promover e difundir o Ano Santo Xacobeo.
UAGALCAT organizou así unha conferencia a cargo do rector de Santa María de Montserrat, sobre a relación deste mosteiro co Camiño de Santiago, xunto a unha actuación musical da agrupación cultural Saudade. Tamén se levaron a cabo actos de difusión e promoción do Xacobeo 21-22 entre os visitantes do mosteiro. No acto estiveron tamén presentes o presidente da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya, Francisco Xavier Rodríguez e do reitor de Santa María de Montserrat, Joan María Mayol.
Novas relacionadas