Emigración asina coa Fundación Ronsel o acordo para continuar co Programa Merlo que dá apoio formativo ás e aos emprendedores galegos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, firmou hoxe no edificio administrativo de Monelos, co vicepresidente da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite continuar cunha iniciativa que xa o ano pasado permitiu consolidar os emprendementos de case 100 galegas e galegos emprendedores retornados. 

O acordo supón cunha colaboración económica da Xunta de 100.000 euros.

  • Imaxe da sinatura, esta mañá, na Coruña
    Imaxe da sinatura, esta mañá, na Coruña
  • Imaxe da sinatura, esta mañá, na Coruña
    Imaxe da sinatura, esta mañá, na Coruña
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 11 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asinou hoxe no edificio administrativo de Monelos, co vicepresidente da Fundación Ronsel, Luis García Deber, o acordo de colaboración que permitirá continuar co Programa Merlo de mentoría para emprendedoras e emprendedores galegos retornados. 

Este programa ofrecerá mentoras e mentores ás e aos emprendedores galegos retornados de cara ao apoio e acompañamento no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios ou actividades profesionais, “de xeito que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social e empresarial en Galicia”, explicou Rodríguez Miranda. 

Esta iniciativa púxose en marcha o pasado ano e permitiu que preto de 100 galegas e galegos emprendedores retornados puideran consolidar os seus emprendementos. O acordo supón unha colaboración económica da Xunta de 100.000 euros.

O Programa Merlo, que desenvolve a Fundación Ronsel e no que contará coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, é unha iniciativa de mentoras e mentores dirixido a emprendedoras e emprendedores galegos retornados, no que se presta un servizo de acompañamento por medio dunha figura dun mentor ou mentora que reforce as súas habilidades e fortalezas para potenciar e consolidar os seus proxectos profesionais cunha maior garantía de éxito, contribuíndo así a mellorar a súa competitividade e a produtividade do seu negocio en Galicia. 

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial. Ten acreditada unha ampla experiencia no desenvolvemento de servizos de asesoramento para a orientación laboral e programas específicos dirixidos ás persoas migrantes, entre as que están incluídas as e os galegos emprendedores retornados, sendo un referente en Galicia no uso da ferramenta de mentoría e membro dende 2015 da Red de Youth Business Spain.

  • Audio: Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración | Descargar
432 lecturas