Emigración e a Fundación Ronsel manteñen a súa colaboración a través do programa Merlo para apoiar ás galegas e galegos emprendedores retornados
Vídeo informativo do Programa Merlo
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2021.
O encontro Retorno Emprendedor: Programa Merlo, puxo de manifesto en novembro deste ano que as axudas da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, impulsaron máis de 500 proxectos cunha mobilización de 25 millóns de euros.
A Xunta e a Fundación Ronsel manteñen así a súa colaboración a través do programa Merlo para que as emprendedoras e os emprendedores galegos retornados beneficiarios destas axudas poidan seguir contando cun programa de apoio que lles permita impulsar o seu negocio e crecer, xerando riqueza e emprego en Galicia.
Novas relacionadas