Miranda: “O labor conxunto das familias e dos centros galegos no exterior, co apoio da Xunta, fai posible que as novas xeracións manteñan o vínculo e fagan posible o éxito do retorno a Galicia”

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 22 de setembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Francisco Solla, referente da colectividade galega en Mar del Plata e expresidente do Centro Galego con una participación moi activa coa diáspora galega.

Durante a reunión, Solla estivo acompañado polas súas netas, participantes dos programas de retorno da Xunta, nas Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), e a outra de FP. Compartiron co responsable autonómico a súa experiencia académica en Galicia, subliñando a oportunidade que lles brindou este programa para reforzar a súa formación universitaria e, ao mesmo tempo, estreitar o vínculo coa terra das súas raíces.

Miranda destacou a importancia destas vivencias xuvenís para manter vivo o lazo coa comunidade galega.

603 lecturas