Miranda: “O compromiso da Xunta coa colectividade galega en Madrid é firme e continuado”

Miranda: “O compromiso da Xunta coa colectividade galega en Madrid é firme e continuado”
Miranda: “O compromiso da Xunta coa colectividade galega en Madrid é firme e continuado”
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 25 de agosto de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, para coordinar as accións a desenvolver nos vindeiros meses en favor da colectividade galega asentada na capital e das entidades que a representan.

Este encontro, que se realiza de xeito periódico, permite avaliar o labor realizado e planificar novas iniciativas co obxectivo de incrementar a eficacia das actividades destinadas a apoiar aos galegos en Madrid, reforzando así a súa vinculación con Galicia e a posta en valor do tecido asociativo que os agrupa.

278 lecturas