Miranda mantén un encontro de traballo coas entidades de Maracay para analizar a situación da colectividade nesta localidade de Venezuela

O secretario xeral da Emigración lembrou aos centros o centenar de programas cos que conta a Estratexia Galicia Retorna 2026 que ten como obxectivo facilitar o regreso  á terra dos galegos e galegas do exterior.

  • Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
    Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
  • Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
    Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
  • Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
    Imaxe do encontro de traballo celebrado hoxe en Maracay
Listen to this page using ReadSpeaker
Maracay (Venezuela), 7 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo coas directivas da Asociación Fillos de Galicia de Aragua e do Centro Hispano Venezolano Aragua para coñecer a situación da colectividade na localidade de Maracay e na propia rexión de Aragua. Tamén analizaron o labor desenvolvido por estes centros nos últimos meses en prol tanto dos galegos e galegas con maiores necesidades sociais e económicas, como no eido da promoción da cultura galega nesta área central de Venezuela.

O secretario recordou aos representantes dos galegos e galegas en Maracay que a Xunta segue a apostar por apoiar ás entidades no seu traballo neste país americano, pero tamén polo retorno a Galicia, lembrando ás entidades a importancia de dar a coñecer entre a colectividade as políticas de retorno que ten en marcha a comunidade autónoma e que supoñen un acompañamento integral xa dende o propio país de residencia ás familias que queren regresar e, en especial, os programas que conforman a nova Estratexia Galicia Retorna, aprobada a comezos deste ano. 

228 lecturas