Miranda: “Mantemos vivas as tradicións e a cultura galegas no sur de España”

Imaxe do encontro que tivo lugar no Lar Gallego de Sevilla
Imaxe do encontro que tivo lugar no Lar Gallego de Sevilla
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 24 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tivo ocasión de visitar esta mañá o Lar Gallego de Sevilla e reunirse co seu presidente, José Antonio Otero, quen tamén é presidente da Federación de Centros Gallegos de Andalucía, Ceuta y Extremadura e membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, quen compartiu ideas e proxectos para fortalecer a comunidade galega na rexión.

No encontro tamén participou o expresidente lo Lar Galego de Sevilla, Alfredo Otero, que  é considerado un dos referentes históricos da colectividade galega no sur de España, cuxa traxectoria e dedicación teñen sido fundamentais para manter vivas as tradicións e a cultura galegas nesta área.

300 lecturas