Miranda invita ás galegas e galegos en Cataluña a seren tamén protagonistas do despegue económico de Galicia

O secretario xeral da Emigración ínstaos a participar activamente con accións tanto no territorio como na diáspora, tras debullar nunha conferencia en Barcelona algúns dos datos que avalan esa proxección.

Miranda visitou antes a socias e socios, e instalacións, da sede do Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell.

  • Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
    Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
  • Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
    Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
  • Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
    Miranda pronunciou a conferencia 'Galicia: tradición, camiño cara a modernidade'
  • O secretario xeral da Emigración visitou tamén o Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell
    O secretario xeral da Emigración visitou tamén o Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2017.

O secretario xeral da Emigración pronunciou a conferencia Galicia: tradición, camiño cara a modernidade na sede da Asociación Cultural ‘Saudade’ da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya -presidida por Ernesto Lagarón- onde se xuntaron decenas de persoas para compartir o retrato da Galicia actual realizado por Antonio Rodríguez Miranda.

O alto cargo autonómico instou aos galegos e galegas residentes en Cataluña a seren de novo protagonistas da proxección e despegue económicos de Galicia, como de feito xa o foron no pasado: “Cómpre dicir que a Galeguidade ten demostrado saber pensar en grande, e ter transcendido ata poñer no seu xusto valor cada paixón, cada idea”, afirmou Miranda, quen deu un repaso ás moitas achegas que a diáspora ten realizado, na historia e en tempos máis recentes, para o actual desenvolvemento de Galicia.

Miranda debullou os principais datos económicos que avalan este rexurdir da nosa terra: repasou a excelente evolución das taxas de desemprego, especialmente o xuvenil, os sucesivos récords das exportacións, ou a crecente atracción de investimentos estranxeiros, entre outros aspectos.

O secretario xeral explicou algúns dos esforzos que realizan os distintos departamentos do Goberno galego para fortalecer esta tendencia. Así, destacou varias das liñas de apoio para emprendemento e mellora da competitividade postas en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou o plan de Medio Rural para reforzar a implantación de poboación nese ámbito, entre outros.

Sabadell
Antes da conferencia en Barcelona, Miranda visitou a socias e socios, e tamén as instalacións, do Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell, que preside Manuel Vázquez Osorio. Fundado en 1978 e cunhas 150 persoas asociadas na actualidade, entre as actividades que desenvolve destacan diversas xornadas culturais temáticas, recitais de poesía, exposicións, presentacións de libros, cursos de pintura e gaita, e diversas celebracións ao cabo do ano con representacións do folclore e a gastronomía galegos.

Galegas e galegos en Cataluña
No conxunto da Comunidade Autonóma catalá están censados, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, un total de 72.808 galegos e galegas de nacemento, das e dos cales 62.130 (o 85’3 por cento) residen en Barcelona e provincia. Como dato estatisticamente curioso, a provincia de procedencia máis numerosa é a de Lugo (26.887 persoas, un 36’9 %), algo moi pouco habitual entre a diáspora galega.

1013 lecturas