Miranda: “A Hispanidade nútrese coa a presenza da cultura das entidades galegas en Nova York mostrando unha vez máis o seu carácter universal”
O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York.
O alcalde de Nova York, Eric Adams, foi o encargado de inaugurar o desfile co corte da cinta institucional.
No acto participaron entidades como La Nacional, creadora do desfile e con moita presenza galega, A Casa de Galicia e o Círculo Español, entre outras.
Miranda: “A Hispanidade nútrese coa a presenza da cultura das entidades galegas en Nova York mostrando unha vez máis o seu carácter universal”
Miranda: “A Hispanidade nútrese coa a presenza da cultura das entidades galegas en Nova York mostrando unha vez máis o seu carácter universal”
Miranda: “A Hispanidade nútrese coa a presenza da cultura das entidades galegas en Nova York mostrando unha vez máis o seu carácter universal”
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York, un dos eventos máis importantes da comunidade hispana na cidade. Galicia estivo representada por diversas entidades galegas, que desfilaron cunha destacada presenza de bandeiras e traxes tradicionais. Este acto anual é unha oportunidade para que a cultura galega sexa vista e apreciada por un público internacional o que reforza cada día o seu carácter universal grazas aos galegos do exterior que cada día son esos faros de cultura en cada recuncho do mundo, tamén na Gran Mazá.
Tras o desfile, o Secretario Xeral subliñou a relevancia da participación galega nun evento tan significativo para os españois nos Estados Unidos, onde Galicia ten unha comunidade consolidada e activa. As agrupacións galegas tiveron un papel protagonista, amosando o orgullo pola súa orixe e contribuíndo á diversidade cultural de orixe español en Nova York.
Este tipo de actos serven como escaparate para a proxección internacional da nosa cultura e tradicións, consolidando o vínculo entre a diáspora galega e Galicia. Ademais, reafirma o compromiso da Xunta de Galicia en seguir apoiando estas iniciativas que permiten que a cultura galega teña presenza nos grandes eventos internacionais.
Novas relacionadas



