Miranda: “A cultura galega ten garantida a súa presenza no mundo grazas á aportación dos centros galegos de xeito relevante”

O secretario xeral da Emigración. Antonio Rodríguez Miranda, participa xunto o alcalde de Xinzo, Amador Díaz Penín e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Ourense, Marta Vázquez Guzmán, no acto de clausura do Programa Escolas Abertas. 

Este evento contou coa actuación especial do recoñecido grupo Pelepau, que levou a súa enerxía e talento ao escenario, garantindo un espectáculo musical vibrante e emocionante. 

  • Miranda: “A cultura galega ten garantida a súa presenza no mundo grazas á aportación dos centros galegos de xeito relevante”

Listen to this page using ReadSpeaker
Xinzo de Limia (Ourense), 16 de xullo de 2024.

A Gala de Clausura do Programa Escolas Abertas, celebrada onte en Xinzo de Limia, foi un éxito rotundo, destacando como unha verdadeira celebración da música, da danza e das tradicións galegas. O evento contou coa actuación estelar do grupo Pelepau e coa presenza do Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen eloxiou o traballo realizado polos participantes e formadores.

Os participantes dos obradoiros de baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega ou confección de traxe tradicional galego amosaron con orgullo o aprendido durante os cursos de especialización.

O Secretario Xeral da Emigración destacou a importancia deste programa para a promoción e preservación da cultura galega, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. "A entrega e a paixón que estes participantes amosan pola nosa cultura é un claro exemplo de como se pode manter viva a esencia galega en calquer parte do mundo", afirmou.

Os asistentes á Gala tamén tiveron a oportunidade de desfrutar dun desfile cos traxes tradicionais confeccionados durante os obradoiros e serviron para resaltar a diversidade e a riqueza da cultura galega, promovendo a súa transmisión de xeración en xeración.

O Programa Escolas Abertas continúa a súa labor de formación especializada para as Entidades Galegas do Exterior, fortalecendo os vínculos culturais entre Galicia e as súas comunidades dispersas polo mundo.

A Gala de Clausura en Xinzo de Limia reafirmou o compromiso e a dedicación dos seus participantes, garantindo que a cultura galega segue a brillar con luz propia máis aló das nosas fronteiras.

916 lecturas