Miranda inicia a súa viaxe a Nova York para participar no Desfile do Día da Hispanidade e manter diversos encontros coa colectividade galega de EE.UU.

A viaxe permitirá tamén manter reunións coas directivas das entidades galegas para abordar os proxectos que se están a desenvolver en favor da galeguidade nos Estados Unidos.

Miranda inicia a súa viaxe a Nova York para participar no Desfile do Día da Hispanidade e manter diversos encontros coa colectividade galega de EE.UU.
Miranda inicia a súa viaxe a Nova York para participar no Desfile do Día da Hispanidade e manter diversos encontros coa colectividade galega de EE.UU.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 11 de outubro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha viaxe á costa leste dos Estados Unidos, onde visitará as comunidades galegas dos estados de Nova York e Nova Jersey. Esta viaxe ten como obxectivo fortalecer os lazos cos galegos do exterior e apoiar as actividades de promoción cultural que desenvolven as entidades galegas no país.

Durante a súa estadía, Rodríguez Miranda participará en varios eventos relevantes, como o Desfile do Día da Hispanidade, onde a cultura galega estará representada con actuacións e actividades organizadas polas distintas asociacións de emigrantes. Ademais, visitará centros galegos en Newark, Queens, Manhatan ou a Casa de Galicia en Nova York , onde se levarán a cabo actos de exaltación cultural e encontros coa colectividade.

A viaxe permitirá tamén manter reunións coas directivas das entidades galegas para abordar os proxectos que se están a desenvolver en favor da galeguidade nos Estados Unidos e analizar novas oportunidades de colaboración para o futuro. Actualmente, neste país residen máis de 24.000 galegos, sendo a costa leste unha das áreas con maior presenza da nosa colectividade.

398 lecturas