Galicia deixa pegada en Nova York: Miranda destaca co arquitecto galego de renome internacional no deseño de grandes proxectos museísticos, Jorge Martínez, o legado da emigración galega na arquitectura global

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co arquitecto galego Jorge Martínez, quen desenvolve o seu traballo dende a cidade de Nova York, unha urbe cunha fonda pegada galega grazas aos emigrantes que alí se asentaron. Entre outros proxectos, participou na actualización, reforma e museo do Empire State ou do museo en memoria do 11-S. Durante o encontro, ambos destacaron a importancia da emigración galega na construción e transformación de cidades internacionais, tanto desde a perspectiva arquitectónica como cultural, poñendo en valor o legado que perdura ata hoxe en día.

Martínez compartiu co secretario xeral a súa experiencia profesional como galego no exterior, subliñando o papel do talento emigrado na proxección global de Galicia e na creación de espazos que unen funcionalidade e memoria histórica. Pola súa banda, Rodríguez Miranda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co apoio dos galegos no exterior e co recoñecemento ás súas contribucións á sociedade e cultura universais. “É un orgullo que alguén coma el, de renome internacional, deixe esa pegada de galeguidade en este tipo de obras”.

449 lecturas