Miranda avanza na colaboración co Centro Galego de Lisboa para dinamizar a cultura galega entre a mocidade
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Jesús Bescós Sinde, presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa, co obxectivo de reforzar a colaboración en proxectos que permitan achegar a cultura galega á xuventude residente na capital de Portugal. Durante a reunión, abordáronse as necesidades da asociación e da colectividade galega, destacando o interese en desenvolver iniciativas que potencien a dinamización cultural e o contacto entre os máis novos.
En Portugal residen actualmente preto de 5.000 cidadáns galegos, dos que máis de 1.500 naceron en Galicia e o resto son descendentes. O secretario xeral destacou o compromiso da Xunta de Galicia co apoio ás entidades galegas no exterior, facilitando recursos para manter viva a identidade cultural e os lazos coa terra de orixe entre as novas xeracións.
Novas relacionadas




