Miranda entrevístase cos directores xerais para Iberoamérica e de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, do Goberno Central

O secretario xeral da Emigración da Xunta e os altos cargos do MAEC intercambian informacións sobre a situación actual da colonia galega máis numerosa no Exterior, e expoñen a súa mutua disposición a mellorar a coordinación -e polo tanto eficacia- das súas respectivas actuacións.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral para Iberoamérica, Pablo Gómez de Olea, durante a reunión celebrada no Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral para Iberoamérica, Pablo Gómez de Olea, durante a reunión celebrada no Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Valdés durante a reunión celebrada en Madrid
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Valdés durante a reunión celebrada en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014.

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, cursou visita esta mañá ao responsable da Dirección Xeral para Iberoamérica, Pablo Gómez de Olea, e ao da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Valdés, ambos os dous altos cargos do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

As entrevistas, realizadas nas respectivas sedes madrileñas das institucións que dirixen, forman parte dos contactos regulares que Miranda mantén e pretende reforzar coas e cos responsables dos departamentos ministeriais competentes en materias relacionadas coa diáspora galega.

O mantemento destes contactos producirá unha mellora na coordinación entre administracións para satisfacer as necesidades das colectividades galega e española no Exterior, e axuda ao coñecemento da casuística específica de cada país por parte de ambas as dúas administracións, de maneira que redunde nunha maior eficacia das súas actuacións.

En palabras de Rodríguez Miranda, "preténdese que a diáspora reciba unha resposta máis eficaz ás súas inquietudes por parte do Estado e da Comunidade Autónoma. Neste sentido, ambas as dúas administracións expresan o seu desexo de ofrecerse soporte mutuo para aumentar a eficacia das súas actuacións".

Coordinación para a eficacia
Gómez de Olea e Cristóbal Valdés compartiron con Miranda os seus puntos de vista sobre a actualidade en Iberoamérica, e o alto cargo da Xunta expuxo as principais preocupacións -no ámbito das competencias de cada Dirección Xeral- que as e os representantes das comunidades galegas con sede nos países da zona lle transmiten nas súas viaxes.

Na Dirección Xeral para Iberoamérica, o secretario xeral da Emigración expuxo "a utilidade dun fluxo activo e permanente de información entre esa institución estatal e a Xunta, por canto -recordou Miranda- máis do 70 por cento dos galegos residentes no Exterior viven nos países" do ámbito que é referencia do traballo para Gómez de Olea.

Na de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Miranda explicou a importancia dun diálogo fluído dende a Secretaría que dirixe para transmitir as inquietudes das colectividades galegas da diáspora, por canto a Dirección Xeral é a encargada principal na prestación de servizos para os residentes galegos e galegas no Exterior.

"Os lugares máis próximos aos que acoden os galegos e españois que residen fóra son as representacións consulares, por iso queremos coñecer con exactitude as liñas de actuación que se seguirán dende a Dirección Xeral, e axudaremos no posible á súa transmisión entre as colonias galega e española en xeral", afirmou Miranda á saída do despacho con Valdés.

En imaxes
981 lecturas