Miranda visitou a Sociedad Española de La Chorrera de Panamá, que conta con importantes lazos culturais con Galicia

  • Imaxe da visita de hoxe á Sociedad Española de La Chorrera
    Imaxe da visita de hoxe á Sociedad Española de La Chorrera

Listen to this page using ReadSpeaker
La Chorrera (Panamá), 29 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa viaxe a Panamá para visitar a Sociedad Española de La Chorrera, que conta con importantes lazos culturais con Galicia.  Na visita, o secretario xeral estivo acompañado polo embaixador de España en Panamá, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia.

Esta entidade conformouse no ano 1970 na cidade de La Chorrera co obxectivo de resgardar e potenciar as tradicións españolas, e particularmente as galegas, e grazas aos esforzos das dos seus membros contan con importantes instalacións deportivas e culturais. Na actualidade está conformada por máis de medio cento de familias galegas.

356 lecturas