Miranda recibe aos representantes do Centro Gallego de Rosario de Arxentina destacando o importante impulso que supón a mocidade para esta entidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe aos representantes do Centro Gallego de Rosario en Arxentina, co seu vicepresidente, Leandro Barba Palacios, ao fronte. Durante o encontro, o responsable do departamento autonómico destacou a importancia e o impulso que supón a mocidade para esta entidade.

Rodríguez Miranda destacou que a Secretaría Xeral da Emigración continuará a apoiar a este centro nas súas iniciativas e actividades en prol da tradición e a lingua galega, así como no coidado dos galegos residentes en Rosario, alentando a que continúen a apoiar as novas xeracións para que a cultura galega siga a ser un referente entre a colectividade en Arxentina no futuro.

249 lecturas