Miranda tras reunirse co embaixador de España en Venezuela: “Este encontro co embaixador permítenos reforzar o compromiso común coa nosa comunidade en Venezuela”

As axudas económicas individuais seguen a ser unha ferramenta clave para apoiar á colectividade galega en Venezuela, con preto de 2.000 solicitudes en 2025.

Miranda tras reunirse co embaixador de España en Venezuela: “Este encontro co embaixador permítenos reforzar o compromiso común coa nosa comunidade en Venezuela”
Miranda tras reunirse co embaixador de España en Venezuela: “Este encontro co embaixador permítenos reforzar o compromiso común coa nosa comunidade en Venezuela”
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 27 de xuño de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Caracas un encontro co embaixador de España en Venezuela, Don Álvaro E. Albacete, no que analizaron as actuacións conxuntas destinadas a mellorar a atención á numerosa colectividade galega residente no país. Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes Marcos Rodríguez, cónsul xeneral de España en Caracas; Pedro Martínez, conselleiro cultural da Embaixada; e Jaime Mora, secretario da Embaixada; Miranda destacou a importancia de manter unha colaboración institucional fluída para dar resposta ás necesidades sociais, asistenciais e culturais da diáspora galega, especialmente nun contexto complexo como o venezolano.

O embaixador trasladou o seu recoñecemento ao labor que desenvolve a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Emigración e valorou o impacto positivo dos programas de apoio ao retorno, da cooperación con entidades galegas e da promoción da cultura galega no exterior. Ambas partes coincidiron na necesidade de seguir reforzando os lazos entre administracións para impulsar novas iniciativas en beneficio da comunidade galega en Venezuela.

Neste contexto, Miranda subliñou que en 2025 preto de 2.000 galegos e galegas residentes en Venezuela solicitaron as axudas económicas individuais da Xunta de Galicia, que continúan a ser un recurso fundamental para apoiar á colectividade no exterior. Ademais, lembrou que o prazo para solicitar as axudas de emerxencia social permanece aberto ata o vindeiro 6 de outubro, polo que animou á cidadanía galega en situación de especial vulnerabilidade a acollerse a esta liña de apoio.
 

 

218 lecturas