Miranda analiza con Carlos Canosa a situación das galegas e galegos no cantón suízo de Lucerna

O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Galego de Lucerna, na sede da SXE en Compostela
O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Galego de Lucerna, na sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, presidente do Centro Galego de Lucerna, con quen analizou a situación actual das galegas e galegos neste cantón suízo, tanto en relación á situación da pandemia como na propia recuperación da normalidade nas actividades da entidade e do seu establecemento de restauración.

Na reunión, que permitiu seguir a manter o contacto xa de xeito presencial co representante da entidade en Suíza, tratouse tamén a promoción do Camiño de Santiago entre a colectividade galega neste país, así como as distintas accións que neste senso se están a programar dende o Centro Galego.

1161 lecturas